19 comparsas enchen de cor as rúas do Porriño

Un total de 19 comparsas, integradas por máis de 1.700 persoas, participan no entroido porriñés que dá hoxe o pistoletazo de saída coa lectura do pregón, ás 12.00 horas, a cargo dos usuarios de Afaga e o primeiro gran desfile, que se repetirá na tarde do martes, rematando os festexos o mércores de cinsa co tradicional enterro da sardiña, todo elo se o tempo o permite.

Esta tarde a comitiva partirá ás 18.00 horas da rúa Antonio Palacios, á altura do Instituto Pino Manso, continuará por Domingo Bueno, San Sebastián, San Bieito e zona peonil para Praza Arquitecto Antonio Palacios. O desfile do martes será máis curto, iniciándose xa en San Sebastián, ás 19.00 horas.

A cantidade máxima destinada aos premios, que son á participación, fíxase en 15.000 euros, que se repartirán ata acadar dita cifra seguindo rigorosamente a orde de inscrición. O importe de cada premio determinarase segundo o número de compoñentes da comparsa, que vai dende os 300 ata os 1.200 euros.

O mércores, as comparsas participarán no acompañamento da sardiña co seguinte percorrido: saída dende a Praza Arquitecto Antonio Palacios, continuarán pola rúa Antonio Palacios, a rúa Domingo Bueno, baixarán pola fonte de San Sebastián e seguirán por Manuel Rodríguez rematando no mesmo lugar de inicio, diante do Concello, onde se procederá á lectura do testamento. Deseguido, desfilará ata a Ponte do Valo, amenizado coa música de charanga e co pasarrúas Lume de Troula Animación.

A maiores, o Concello presentou unha programación con moitas outras actividades iniciadas o pasado mércores co acendido das primeiras luces de entroido e no que se inclúe tamén o tradicional Xogo da Ola, obradoiros e espectáculos infantís e actuacións musicais como a da orquestra América mañá domingo.

Enlace de origen : 19 comparsas enchen de cor as rúas do Porriño

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.