A Cañiza asina un Convenio con “Solidaridad Intergeneracional”

O Concello da Cañiza asinou un convenio de colaboración coa asociación “Solidaridad Intergeneracional” para promover o envellecemento activo entre os maiores da comunidade.

O Alcalde Luis Piña asinou esta cooperación xunto coa Presidenta da Asociación, Ana Isabel Esteban Martínez, para desenvolver actuacións que axuden a mellorar os hábitos de vida dos veciños da Cañiza, con especial atención a aqueles colectivos que se atopan en situación de maior vulnerabilidade e fraxilidade.

A sinatura deste Convenio permitirá a posta en marcha de variadas intervencións e cursos para que as persoas maiores, as persoas con discapacidade e os seus familiares, consigan información dos recursos que teñen ao seu alcance; así como desenvolver actividades de prevención da dependencia, promoción da autonomía persoal e do envellecemento activo.

Ademais desenvolveranse obradoiros para axudar aos maiores e a persoas con discapacidade a entender mellor o uso dos móbiles e as novas TICs. O Servizo que estará activo durante os meses de agosto, setembro e outubro de 2024.

Enlace de origen : A Cañiza asina un Convenio con “Solidaridad Intergeneracional”

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.