A Lama celebra este domingo a XXI Festa do Codillo

O Concello da Lama celebra este domingo 11 de xuño a XXI Festa do Codillo. O xurado volveu apostar pola preparación tradicional, é dicir, estofada e con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenoiras.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar no xantar aínda están a tempo de adquirir os tickets no mesmo día no lugar da festa, é dicir, na Alameda da Lama.

A preparación elixida polo xurado foi a que tradicionalmente ten mellor acollida entre o público, o Codillo Estofado, que nesta ocasión rivalizou en sabor co preparado en salsa de curri, con arroz, froitos secos e cabaza; e a terceira, con salsa de piquillo, montado de verduras e puré de pataca.

Degustación do codillo na edición de 2022. FDV


Estas tres modalidades foron preparadas pola cociñeira de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), Rosa María Fragueiro, encargada de servir os pratos durante a xornada gastronómica que se celebrará o día grande da festa gastronómica.

A apertura da caseta de servizo de racións do codillo será ás 13:00 horas co fin de axilizar ao máximo a súa repartición e evitar aglomeracións innecesarias. Manteráse aberto ata esgotar existencias e servirase ata as 15 horas.

O prezo por ración será de 12 euros e inclúe, ademais do codillo estofado, pan cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento que os comensais poderán levar como recordo, así como a bebida.

La banda de música amenizó la fiesta en A Lama. FDV


O evento contará coa animación musical da banda de gaitas Os Catro Ventos, a charanga Os Ecerellados e a Banda de Música Municipal de A Lama, que ofrecerá un concerto ás 20 horas na propia Alameda.

Tamén haberá diversos postos que ofrecerán outras opcións gastronómicas como o polbo ou churrasco, así como postres caseiros. Tampouco faltarán os postos relacionados con produtores artesanais que poñerán á venda os seus produtos da horta, bisutería, etc.

Enlace de origen : A Lama celebra este domingo a XXI Festa do Codillo

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.