A xornalista de FARO Mar Mato vén de gañar o Premio Afundación de Xornalismo en lingua galega Francisco Fernández del Riego co seu traballo “Réquiem por un sombreiro”, publicado no dominical Estela do decano o pasado mes de decembro.
Imponse así aos outros dous finalistas, R. Soteliño, con “Gafas de pasta, cores de Warhol… Letras Galegas”, e Manuel Varela, por “Cando atopei a paz nun Dacia”.
Tras a recollida do premio, Mar Mato amosou unha “felicidade inmensa” ante a honra que supón “recibir un premio tan importante e significativo e que leva o nome de Paco del Riego, capaz mesmo arriscar a súa vida polo idioma, a cultura e o país“. Tamén tivo palabras de agradecemente para a súa familia, amezas e compañeiros de Faro de Vigo.
Os galardóns cumpren 20 anos e nesta edición presentáronse 32 textos (14 de mulleres e 18 de homes).
Enlace de origen : A xornalista de FARO Mar Mato gaña o premio Francisco Fernández del Riego