A súa compañeira, Suca Toba Girón, e os seus irmáns, Xosé María e Celso, presidiron o acto civil na capela do tanatorio, previa a súa incineración. O seu curmán, o artista Darío Álvarez Basso, a escritora María Xosé Queizán ou a cineasta Xisela Franco, ademáis dalgúns políticos galegos deron un derradeiro adeus ao insigne escritor, profesor e antigo colaborador de FARO, que finou o luns ós 71 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo debido a unha neumonía que o tivo case tres semanas ingresado.
Enlace de origen : Familiares, amigos e persoeiros da cultura e o galeguismo despiden a Cáccamo