La Bombilla: fieis á súa cita coa Festa do Salmón

Salmón con salsa de  mango.

Salmón con salsa de mango.
Bernabé

Restaurante La Bombilla é un establecemento familiar con máis de 60 anos de historia. Sito na coñecida como Praza da Farola, a súa céntrica ubicación, o seu trato familiar e a boa cociña tradicional contribúen a que hoxe en día siga a ser un dos locais de referencia da capital estradense. Ofrece durante todo o ano menú do día e servizo á carta, así como servizo de comidas para levar. Ademáis conta con servizo de aloxamento cun total vinte habitacións totalmente equipadas con cuarto de baño, televisión, teléfono e conexión a internet.

Como ven sendo tradición, Restaurante La Bombilla non podía faltar a súa cita coa Festa do Salmón en A Estrada. A súa proposta para este ano na ruta de tapas consiste nun salmón con salsa de mango, unha proposta que ofrecerá no día de hoxe, venres, no horario establecido (de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas). Tamén participan na degustación do domingo, e fano con Pementos do piquillo recheos de salmón e salmón en escabeche de cítricos.

Pza. de Galicia 5, 36680 A Estrada | Tel. 986570335 Email: [email protected]. Pza. de Galicia 5, 36680 A Estrada | Tel. 986570335 Email: [email protected]

Enlace de origen : La Bombilla: fieis á súa cita coa Festa do Salmón

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.