Mil escolares coñecen a historia da Eurocidade

A Eurocidade Cerveira-Tomiño entregou a guía turística “A pequena gran historia – Eurocidade Cerveira-Tomiño” a máis de 1.000 escolares de entre 6 e 12 anos de ambos os dous concellos. O reparto fíxose para conmemorar o Día da Cooperación Europea e coincidindo tamén co arranque do ano escolar, grazas á colaboración do profesorado, adquiriu unha dimensión máis divertida e interactiva ao ser levada a cabo polas mans da simpática mascota Mizi.

Tomiño e Vila Nova de Cerveira pretenden afirmarse así cada vez máis como un “destino amigo das familias”, aproveitando as súas potencialidades naturais, patrimoniais, culturais e de lecer en prol dunha experiencia realmente única. Neste sentido, esta publicación ilustrada procura dar a coñecer os lugares máis emblemáticos a visitar neste territorio transfronteirizo.

Cun perfil moi amigable e un discurso accesible, Mizi asume o papel de guía turístico e promete conquistar a atención das familias. A través de diferentes episodios, como a vida castrexa e a chegada dos romanos, a independencia de Portugal, a Guerra da Restauración ou a Invasión Francesa, Mizi explica a evolución histórica deste territorio transfronteirizo sen esquecer a realidade actual.

O carácter didáctico arredor da historia de cada concello e das relacións comúns que, de maneira informal, sempre existiron e que serían impulsadas coa constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño en 2018, xustifica esta acción destes municipios ante a comunidade escolar.

Ademais de captar a atención da cativada para a singularidade desta cooperación entre dous territorios de dous países, a oferta da publicación enmárcase tamén nunha acción de incentivo a hábitos regulares de lectura.

Enlace de origen : Mil escolares coñecen a historia da Eurocidade

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.