O VI Festival de Corais de Xinzo inaugura a primavera máis musical

Mañá, domingo 6 de abril, a Asociación Musical de Xinzo celebrará a súa sexta edición do Festival de Corais. O evento terá lugar no auditorio da parroquia ás 18:00 h e contará coa participación de tres agrupacións musicais: a anfitrioa, Coral Cantares de Xinzo, e dúas formacións convidadas: a Coral Polifónica de A Cañiza, que repite a súa participación por segundo ano consecutivo, e a Coral Polifónica de Entenza.

O Festival de Corais de Xinzo, que se celebra desde 2019, converteuse nun evento destacado no calendario cultural da localidade. O público poderá disfrutar de pezas tan populares como Bella Ciao e Chiquitita interpretadas pola Coral Cantares; La Barca del Oro e Habanera Salada, da Polifónica de A Cañiza; así como Es mi vida e o icónico Ave María de Giulio Caccini, na voz da Coral Polifónica de Entenza.

Con esta nova edición, a Asociación Musical de Xinzo dá comezo a unha das tempadas máis importantes do ano, repleta de actividades culturais que incluirán concertos e festivais de carácter anual. Este Festival de Corais será o primeiro de varios eventos que se celebrarán nos próximos meses. A continuación, terá lugar o Concerto de Solistas da Banda de Música de Xinzo, que servirá como preludio para dous festivais destacados en maio: o VI Festival de Bandas Infantís e o XXIX Festival de Bandas de Xinzo.

A Asociación Musical de Xinzo continúa así a súa labor de dinamización cultural, promovendo a música e a participación da comunidade local en actividades de gran calado cultural. O Festival de Corais de Xinzo, que se consolidou como unha cita imprescindible na axenda cultural da zona, ofrece unha oportunidade única para que as persoas asistentes gocen dun variado programa musical e se aproximen á riqueza das corais que forman parte do evento.

Enlace de origen : O VI Festival de Corais de Xinzo inaugura a primavera máis musical

OBTENGA UNA MUESTRA GRATUITA

La contactaremos lo más rápido posible.